Investigan varias picadas a mulleres nas festas de Bilbao

A Ertzaintza investiga seis supostas picadas a mulleres cometidas durante a primeira noite das festas da Aste Nagusia de Bilbao, conforme informou o Departamento vasco de Seguridade. Tres mulleres xa presentaron denuncia e aseguran que recibiron as picadas no recinto festivo. A Ertzaintza e a Policía Municipal de Bilbao mantén arestora abertas dilixencias. Nos tres casos activouse o protocolo contra este tipo de agresións e as mulleres foron recoñecidas nun centro médico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha