35
Protección Civil e a Policía Local de Carballo acudiron este martes ás 18:30 horas, tras a voz de alarma dada por un particular, ao rescate dunha motocicleta KTM que se atopaba mergullada no leito do río Anllóns, a uns corenta metros da ponte do Muíño do Quinto. Tras peitear a zona non localizaron a ningunha persoa que puidese estar relacionada cun posible accidente, e ao recuperar a motocicleta determinouse, tal e como confirmou o seu propietario, un veciño de Carballo, que a motocicleta fora subtraída. As forzas da orde investigan tamén varios roubos, segundo veciños da zona, producidos en vivendas da Avenida de Finisterre, zona próxima ao lugar onde apareceu a motocicleta no río.