Investigan varios roubos na área canina da Laracha e na parroquia de Caión

Concello da Laracha

  • Na vila costeira levaron dúas ancoraxes de colectores de lixo

O Concello da Laracha denuncia novos roubos en equipamentos municipais durante a noite deste xoves. Feitos que se produciron, por terceira vez, na área canina co resultado da desaparición de parte do peche perimetral e da porta de acceso a este equipamento público. En Caión desmontaron e roubaron dúas ancoraxes de colectores de residuos sólidos urbanos, unha estaba na praia das Salseiras e outra no lugar do Campo da Costa.

A Policía Local tratar de dar cos responsables destes actos, aínda que desde o Concello a estudan as medidas de seguridade oportunas protexer os equipamentos públicos e «evitar accións destas características que perturban a tranquilidade dos veciños», explican.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha