Invisten máis de 80.000 € na reparación do peirao de Santa Cruz, en Oleiros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de iniciar as obras de reparación do peirao de Santa Cruz no municipio coruñés de Oleiros, afectados polos últimos temporais. O ente público investirá nestes traballos máis 80.000 euros co obxectivo de reconstruír a zona afundida.

Os traballos previstos consistirán no levantamento de parte do pavimento, na zona afectada e nas inmediacións para proceder a encher o oco existente con formigón e outros materiais de recheo. Deste modo preténdese recuperar material da base do peirao que foi progresivamente perdéndose.

Os traballos teñen un prazo de execución previsto de arredor dun mes. O obxectivo de Portos de Galicia é poder reabrir, ao remate destas obras, ao tránsito o total esta infraestrutura que agora se atopa parcialmente restrinxida á circulación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha