Inxección económica aos concellos da Mariña para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

A Consellería do Medio Rural achega preto dun millón de euros (913.878,00 €) aos concellos da Mariña a través do Plan Marco 2022-2023, que contempla axudas para mellorar os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. O obxecto deste programa é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento das vías de comunicación en áreas rurais, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación. O financiamento chegará a todos os concellos, co fin de facilitar o acceso ás entidades de poboación asentadas no rural e mellorar as infraestruturas que constitúen as canles de entrada e saída das producións agrarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha