Irán ameaza con intervir no conflito de Israel con Hamás se non se alcanza pronto un cesamento do fogo. Así o declarou o ministro iraniano de Asuntos Exteriores, Hosein Amir Abdollahian, durante unha visita a Turquía, engadindo que toda a rexión é o seu «fogar». O xefe da diplomacia turca, Hakan Fidan, acusou á UE de «non querer oír falar» dun cesamento do fogo e compartiu co seu homólogo iraniano a preocupación por unha posible extensión do conflito a Siria e ao resto da rexión.
O responsable de Política Exterior da UE, Josep Borrell, mostrouse «arrepiado» polo «elevado número de vítimas» tras o ataque israelí ao campo de refuxiados de Yabalia e subliñou que a protección dos civís «non é só unha obrigación moral, senón tamén «legal».
Mentres tanto, Xordania retirou ao seu embaixador de Israel. Só volverá a Tel Aviv se Israel pon fin á crise humanitaria en Gaza. O papa Francisco instou a seguir rezando aos seus seguidores na praza de San Pedro, polas persoas que sofren nas guerras actuais.