Irán nega que un dos seus mísiles derrubase o avión sinistrado e pide información a Canadá

1 minutes read
  • Canadá e Estados Unidos apuntan a unha derriba por erro aínda que Ucraína di que non está confirmado

Irán insiste en que ningún dos seus mísiles foi o causante da derriba do avión ucraíno no que faleceron 176 persoas o pasado mércores preto de Teherán.

O primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, asegurou que o seu goberno posúe información na que se remarca que o Boeing 737 de Ukranian International Airlines (UIA) foi derrubado por erro por “un mísil iraniano”, secundando a teoría que apuntara EE. UU. en base aos datos dos satélites estadounidenses.

Pola súa banda, o xefe da Organización da Aviación Civil de Irán, Alí Abedzadeh, manifestou nunha rolda de prensa que “Calquera comentario ou informe sobre que ocorreu antes de analizar as caixas negras non son válidos, pero podo dicirlles que (o avión) non foi alcanzado por un mísil”.

A OTAN tamén mostrou as súas sospeitas sobre o accidente e pediu unha “concienzuda investigación” na que tome parte o goberno de Teherán.

Pola súa banda, o presidente de Ucraína, Vladímir Zelenski, asegurou que a hipótese da derriba non está confirmada, aínda que tampouco se descarta. Zelenski apelou á comunidade internacional para establecer a verdade sobre a catástrofe: