O Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA) non poderá visionar as cámaras instaladas nun centro nuclear iraniano. Así o indicou o organismo responsable do país persa, que condicionou a volta ao acordo ao levantamento das sancións. Hai catro cámaras que están fóra de servizo desde xuño, aínda que Teherán permitiu a instalación dunhas novas. «Cando Irán e o OIEA o acorden, teremos acceso a esta información. A condición previa ou o suposto sobre o que se asinou este pacto, era que se produciría cando houbese un acordo, e supoño que o acordo chegará cando se levanten as sancións, pero iso decidirano outros», indicou Rafael Grossi, director xeral do OIEA.
Irán xustifica a súa postura polas súas sospeitas sobre unha posible sabotaxe. O país ademais, atribúe un accidente nunha instalación relacionada en xuño co enriquecemento de uranio a unha acción de Israel. Doutra banda, a unión Europea anunciou este venres a continuación das negociacións sobre o pacto nuclear iraniano que poderían supoñer a volta de Estados Unidos tras abandonar o acordo Donald Trump en 2018.