A portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Irene Montero, desprazouse á Coruña para presentar as candidaturas galegas da formación ao Congreso ou o Senado. Na súa intervención, dixo que en España hai un sistema incompatible coa vida, puxo como exemplo aos profesionais sanitarios que salvaron aos seus fillos e que encadean contratos de traballo temporais e insistiu que o sistema económico está “a chegar ao límite” e chamou a “poñerlle freo” para evitar que siga facéndolle dano ás persoas. Montero fixo unha dura crítica do sistema implantado en España e preguntouse “en que melloramos” durante os dez anos da crise.