Irlanda libera o pesqueiro de Burela que mantiña retido

0 minutes read

O palangreiro «Valle Fraga» con base en Burela e 15 homes a bordo permanecía retido desde o venres no porto irlandés de Castletownbere, ao suroeste de Irlanda. Agora soltouno tan só 24 horas despois da captura e de obrigalo a ir a porto e tras pagar unha multa de 1.500 euros. Ás seis da tarde do sábado regresaba a pescar nos caladoiros comunitarios do Gran Sol.