Isabel Risco trouxo a Malpica “Bravas”


O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a representación “Bravas”, de Isabel Risco, unha historia que xira arredor das mulleres. Foi a sexta cita da 17ª Mostra de Teatro do Concello.
Trátase dunha produción que versa sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen cos piares da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.
O vindeiro venres (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda “Pinocchio”, de Teatro Ghazafelhos. O aforo limitado, polo que hai que reservar as entradas en auditoriodemalpica@gmail.com, indicando nome completo, número de DNI e un teléfono de contacto. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña.