Isma Kalo e a banda de Caión gañan o Quero Cantar da Deputación da Coruña

A coruñesa Isma Kalo coa canción «A quen lle importa?» na categoría xuvenil e a banda de Caión «A música das baleas» co tema «A peor xogada» na de infantil son as gañadoras da IV edición do Concurso Quero Cantar da Deputación da Coruña que celebrou a súa final no Teatro Colón da Coruña.

Seis bandas e solistas chegaban á final do Teatro Colón da Coruña en que se decidiu as propostas gañadoras da cuarta edición do concurso Quero Cantar da Deputación da Coruña cun xurado formado por nenas e mozas para as dúas categorías do certame.

No apartado de música infantil, a gañadora foi a banda «A música das baleas» de Caión que se impuxo na valoración do xurado co seu tema «A peor xogada». O segundo premio foi para Rap-osiños de Laxe e o terceiro para Baroubanda, de Ames.
Na categoría xuvenil a gañadora desta nova edición do certame foi a coruñesa Isma Kalo co seu tema «A quen lle importa?» conseguiu facerse co primeiro premio nunha edición en que tres solistas foron finalistas da modalidade para máis maiores. Noa de Vila de Cruces fíxose co segundo premio e Veiga de Sada foi o gañador do terceiro premio.

«A gala final do Quero Cantar mostra a altísima calidade das propostas presentadas e converteuse, como en anos anteriores, nunha verdadeira festa e un acontecemento no ámbito da música infantil e xuvenil», sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto que anunciou unha nova convocatoria dun concurso que «está xa consolidado».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha