40
O embaixador israelí, Gilad Erdan, volveu atacar á ONU, á que cualificou de «organización rota e moralmente corrupta». Tamén rexeitou a resolución, que pide un cesamento do fogo en Gaza.
«Un cesamento do fogo significa darlle tempo a Hamas para rearmarse e así poder masacrarnos novamente. Esto non é unha especulación. Farano. Todos vostedes sábeno. Calquera chamado a un cesamento do fogo non é un intento de paz. É un intento de atar de pés e mans a Israel, impedíndonos eliminar unha enorme ameaza aos nosos cidadáns” afirmaba Erdan nun discurso amargo que fere na organización. Os bombardeos israelís mataron a 39 dos seus traballadores en Gaza. Todos pertencían á Axencia da ONU para os Refuxiados Palestinos.