Israel afirma que non se deterá ata que logre destruír a Hamás

As autoridades israelís están decididas a continuar a súa guerra na Franxa de Gaza contra a organización islamita Hamás. E iso, a pesar da crecente presión internacional, incluída a da ONU, en favor de un cesamento do fogo. O crecente número de vítimas civís e a deterioración da situación humanitaria están a facer fraquear o apoio global a Israel.

Tras unha visita aos comandantes das Forzas de Defensa de Israel, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, sinalou que nada os deterá.

«Esta guerra vai ser dura. Pero recoñezo, e seguramente vostedes tamén o ven na súa documentación, o comezo de unha ruptura en Hamás. Vexo que se empeza a entender que estamos decididos a continuar ata o final e a destruír esta entidade», declara Benjamin Netanyahu, primeiro ministro de Israel.

Pola súa banda, Hamás difundiu imaxes das súas operacións na Franxa de Gaza. Os seus mortíferos ataques transfronteirizos do pasado 7 de outubro, provocaron a implacable resposta de Israel.

Medios de comunicación estadounidenses informan de que, recentemente, Israel comezou a bombear aguadel mar no vasto labirinto de túneles subterráneos de Hamás en Gaza, nunha operación que, probablemente, durará semanas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha