Foron máis de tres meses de ataques constantes por terra, mar e aire contra a Franxa de Gaza. Máis de 90 días nos que morreron 22.722 persoas, das que unhas 10.000 son nenos; unhas 7.000 atópanse desaparecidas ou baixo os entullos, segundo as autoridades locais e, a medida que pasa o tempo, hai menos probabilidades de que sexan rescatadas con vida. Case dous millóns de gazatíes –o 85% da poboación da Franxa– tiveron que abandonar os seus fogares e víronse desprazados unha e outra vez, en busca dun refuxio seguro. Pola súa banda o Ministerio de Defensa israelí afirmou que “Israel non gobernará aos civís de Gaza” e que “organismos palestinos” faranse cargo deste territorio e dos seus residentes, a condición de que “non haxa accións hostís ou ameazas contra o Estado de Israel”.
17