Israel ataca unha base militar en Gaza

1 minutes read

Israel atacou unha base militar en Gaza pertencente a Hamás na madrugada deste sábado. Segundo Palestina, este xerou danos en vivendas pero non causou vítimas. O portavoz de Hamás, Hazem Qassem, denunciou os ataques sen mencionar ningunha vítima. Esta foi a represalia do exército israelí tras o disparo de 4 mísiles desde a Franxa ao seu territorio. Os ataques desde a Franxa foron dirixidos a dúas poboacións israelís próximas, Ashkel on e Ahuzam. O exército israelí confirmou que os primeiros ataques comezaron sobre as 01:00 am hora local. A esa hora, foron lanzados dous mísiles cara a Ascalón, unha cidade israelí próxima á Franxa de Gaza sobre a costa do Mediterráneo, ao sur de Tel Aviv. Catro horas máis tarde, outros dous mísiles foron lanzados a Ahuzam, preto de Gaza, pero lonxe da costa. O exército israelí dixo no seu comunicado que uno dos proxectís foi interceptado polo escudo antimísiles, pero que os outros tres caeran en campo aberto. Israel responsabilizou a Hamás, a organización islamita que goberna Gaza desde hai 15 anos, de todos os ataques na Franxa e asegurou que o bombardeo ás súas instalacións militares reducirá a súa capacidade militar.