O Exército israelí declarou o estado de guerra despois dun forte ataque combinado desde Gaza, co lanzamento de foguetes (máis de 5.000 segundo Hamás) e a infiltración de milicianos palestinos a territorio israelí.
O Exército israelí declara o estado de alerta de guerra», declarou unha voceira militar nun comunicado, mentres as alarmas seguen soando a norte e sur do país, incluído Tel Aviv e Xerusalén, e polo menos unha persoa morreu e 15 resultaron feridas.
«Na última hora, a organización terrorista Hamás iniciou un lanzamento masivo de foguetes» e «os terroristas infiltráronse en territorio israelí en varios lugares distintos», indicou o Exército, que ordenou a «os civís da zona central e sur de permanecer xunto aos refuxios», mentres que os cidadáns de comunidades próximas a Gaza deben permanecer no seu interior.
O xefe do Estado Maior do Exército «está a avaliar a situación e aproba plans para a continuación da actividade do Exército», mentres que o ministro de Defensa, Yoav Gallant, aprobou o recrutamento de soldados de reserva ante a emerxencia.