43
O Goberno de Israel aprobou un cesamento do fogo na Franxa de Gaza once días despois de que comezase a escalada bélica, a peor desde a invasión do enclave en 2014, segundo fontes diplomáticas. A entrada en vigor deste cesamento das hostilidades iniciouse este venres 21 de maio ás dúas da mañá. Pola súa banda, o portavoz de Hamás en Gaza, Hazem Qassem, a tregua «mutua e simultánea». «Obtivemos garantías dos mediadores de que a agresión contra Gaza deterase», afirmou Qassem sobre o papel de Exipto e a ONU. Ata o momento o conflito cobrouse a vida de 232 palestinos, entre eles 65 nenos, e outros 1.710 resultaron feridos. En Israel morreron 12 persoas, das cales dúas son menores, e máis de 300 persoas resultaron feridas.