Unha delegación exipcia chegou á franxa e outra a Israel para supervisar o cumprimento da tregua que pasou a súa primeira proba este venres con disturbios na explanada das mesquitas de Xerusalén entre palestinos e policía israelí. Segundo fontes israelís, centenares de persoas comezaron a lanzar pedras e cócteles Molotov contra os seus axentes, que responderon con gases lacrimóxenos e granadas aturdidoras. O primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu cualifica de logro extraordinario a ofensiva sobre Gaza. Segundo as súas palabras, eliminou a 200 terroristas e máis de cen quilómetros de túneles. O ocorrido é interpretado tamén como unha vitoria por Hamás e miles dos seus seguidores que así o celebraron. Este venres durante unhas horas, Israel abriu o paso de Kerem Shalom para deixar entrar decenas de camións con axuda humanitaria.
31