Israel e Palestina alcanzan unha tregua

Altos cargos palestinos anunciaron un acordo para alcanzar unha tregua con Israel. O comezo deste «alto ao lume», onde a mediación de Exipto foi fundamental, coincide co inicio do mes santo do Ramadán.

Durante os últimos tres días mísiles lanzados desde Gaza mataron a catro israelís e a resposta acabou coa vida de vinte palestinos, máis da metade civís.

Tel Aviv dixo que os bombardeos aéreos na franxa son a resposta a disparos no sur do país. O domingo pola noite un mísil impactou contra unha casa en Ascalón e un home de 58 anos foi a primeira baixa civil de Israel por esta causa desde 2014. En Ashdod houbo outra vítima mortal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha