Israel inicia a retirada das súas tropas de Gaza e miles de gazatíes emprenden o seu regreso á zona norte

O Exército israelí comezou a replegarse de Gaza este venres tras a ratificación do acordo entre Israel e Hamás. Ademais da retirada ata a zona acordada, o plan prevé a liberación de reféns israelís a cambio de prisioneiros palestinos e a suspensión total das hostilidades. Por iso, miles de gazatíes que se desprazaron cara ao sur pola ofensiva, emprenderon o seu regreso ao norte do enclave, aínda que as autoridades israelís advertiron de que aínda existen zonas «extremadamente perigosas» na Franxa. Segundo Israel, o fin das operacións militases producíronse ao mediodía, e «as tropas das Forzas de Defensa de Israel comezaron a posicionarse ao longo das liñas de despregamento actualizadas». O primeiro ministro israeli, Benjamín Netanyahu, insistiu en que Hamás debe cumprir co seu parte e desarmarse e advertiu de que se non o fan polas boas, será polas malas.

Related posts

Polo menos 36 mortos e 279 desaparecidos no incendio de varios rañaceos en Hong Kong

Detido na Habana o profesor ourensán fuxido logo de ser condenado por violar unha menor

EE.UU. designa ao Cártel dos Soles como «organización terrorista», con Maduro á fronte