O Exército israelí rescatou a dous reféns en Ráfah na madrugada deste luns nunha operación militar que se saldou con, polo menos, 67 vítimas mortais e numerosos feridos. Tras o exitoso operativo, o primeiro ministro de Israel, Benjamín Netanyahu, defendeu a súa estratexia de manter a presión militar sobre Gaza como vía para a liberación dos reféns. O Foro de Familias de Reféns e Desaparecidos, celebrou que as forzas israelís conseguisen poñer en liberdade aos dous cautivos, Fernando Simón Marman e Norberto Luís Har, aínda que alertou de novo a Netanyahu de “que se acaba o tempo para os reféns que quedan retidos en mans de Hamás”. Doutra banda, o brazo armado de Hamás asegurou que tres dos oito reféns israelís que resultaron gravemente feridos por ataques aéreos israelís morreron a causa das súas feridas. Polo momento, non deron máis información sobre a súa identidade.
16