Unha investigación sobre o mortal bombardeo dun grupo de xornalistas no sur libanés conclúe que a explosión foi causada por un ataque dun tanque israelí. Un xornalista de Reuters morreu e outros seis xornalistas resultaron feridos, incluídos dous deles da Axencia France Press.
A axencia francesa iniciou unha investigación despois do incidente o 13 de outubro e descubriu que o proxectil probablemente foi disparado preto de unha aldea fronteiriza en Israel.
O proxectil amputoulle unha perna á fotógrafa da Axencia France Press, Christina Assi: “Non estaba Hamás ao noso ao redor, nin Hizbulá tampouco ao noso ao redor, non había ninguén, eramos só un grupo de xornalistas facendo o noso traballo, e fomos atacados por Israel dúas veces, non unha, o que resultou en que me amputasen a perna”.
O exército israelí dixo lamentar a morte do xornalista e as feridas causadas aos demais. Asegura estar a investigar a explosión pero como é habitual non admitiu responsabilidade algunha.
Israel e Hizbulá intercambiaron disparos ao longo da fronteira co Líbano en numerosas ocasións desde o ataque de Hamás o 7 de outubro.