Israel mira para outro lado e continúa coa súa ofensiva en Gaza

Israel fai caso omiso ás críticas internacionais e continúa cos seus ataques terrestres e aéreos na Franxa de Gaza, dous meses despois do comezo da guerra contra Hamás, e non vai deterse. Así as autoridades israelís opuxéronse aos chamamentos internacionais para dar por concluída o ofensiva militar do país en Gaza, afirmando que a fase actual da operación contra a organización islamita Hamás «levará tempo». O Ministerio de Sanidade da Franxa de Gaza informa da morte dunhas 200 persoas por ataques de Israel, nas últimas horas, e sinala que xa se rexistraron uns 18.200 falecidos, a gran maioría mulleres e menores de 18 anos, e ao redor de 50.000 feridos. Ademais, ao redor de 100 soldados de Israel perderon a vida no conflito que comezou o pasado 7 de outubro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha