Israel prohibe a actividade de varias ONG que operan en Gaza

O Goberno de Israel retirará as licenzas de actividade de varias ONG que operan en Gaza, entre elas Médicos Sen Fronteiras (MSF). O Executivo israelí considera que varios empregados destas organizacións «estiveron involucrados en actividades terroristas». O veto foi anunciado polo Ministerio de Asuntos da Diáspora e Loita contra o Antisemitismo este martes. A decisión é froito dunha regulación pola cal Israel pedía información ás ONG sobre os seus traballadores, entre outros requisitos. O ministerio israelí informou de que un 15% das organizacións non entregaron ás autoridades israelís «información completa e verificable sobre os seus empregados». Ademais, acusa a MSF de que «persoas afiliadas» á organización estaban vinculadas a grupos islamitas palestinos «como a Yihad Islámica e Hamás».

Related posts

Navalni morreu envelenado cunha toxina letal presente en ras velenosas, segundo varios países europeos

O socialismo vence nas presidenciais de Portugal

A compañía ACC suspende a construción de dúas novas ‘megaplantas’ de baterías en Europa