Israel volveu a bombardear o Hospital Shifa de Gaza

O exército de Israel lanzou outro ataque contra o Hospital Shifa en Ciudad de Gaza á primeira hora deste luns. Seguen acusando a militantes de Hamás de utilizalo como base. Un dos proxectís causou un incendio na entrada do hospital que provocou síntomas de asfixia, a varios pacientes, mulleres e nenos. Os militar israelís irromperon no hospital e leváronse detidas a 80 persoas. A voceira das Forzas de Defensa de Israel, Daniel Hagari, asegurou que o exército levou a cabo o que chamou «operacións de alta precisión» en partes do complexo médico e actuou baseándose en información confidencial «concreta». As ONG aseguran que é case imposible entregar axuda por terra en gran parte da Franxa de Gaza debido ás restricións israelís, as hostilidades en curso e a ruptura da orde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha