Italia aproba a redución dun terzo dos parlamentarios

Italia aproba en referendo a redución do número de parlamentarios. O reconto supera o  95 por cento. O si gañou con claridade, con case o 70 por cento dos votos. O recorte dos parlamentarios era unha promesa electoral  do Movemento 5 estrelas, que forma parte do Goberno italiano. A redución entrará en vigor na próxima lexislatura. O número de parlamentarios, entre deputados e senadores, pasará  de 945 a 600. Ademais do referendo celebráronse eleccións en sete rexións e en máis dun milleiro de concellos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha