O ministro de Interior italiano depositou na Unión Europea a responsabilidade do desembarco de 135 persoas que desde o xoves están a bordo dun barco da Garda Costeira do país. Fontes comunitarias confirmaron que Roma pediu a Bruxelas que coordine a distribución destes cidadáns. Nas últimas horas o Mediterráneo está a volver a reflectir o drama daqueles que foxen de África. Entre o xoves e o venres, Malta rescatou a 143 persoas procedentes de Gambia, Sudán do Sur e Guinea e, ademais dos que están á espera dunha solución, en Lampedusa puideron desembarcar cincuenta persoas o venres. Doutra banda, en caso de confirmarse, un naufraxio nas costas libias podería supoñer a peor traxedia no Mediterráneo no que vai de ano. ACNUR teme o número de mortos poida alcanzar os 150. Unhas cifras que poderían converter a 2019 no sexto ano con máis de mil falecidos nas augas que separan os dous continentes.
25