Italia gaña Eurovisión 2021 | España terceira pola cola


O grupo rock Måneskin gaña Eurovisión 2021 e dá a terceira vitoria a Italia no festival co tema “Zitti e buoni”. Cunha proposta innovadora e arriscada, a banda italiana creou puro espectáculo no Róterdan Ahoy cun potente directo e xogo pirotécnico ao final da actuación, que lle valeu o ansiado micrófono de cristal na 65ª edición do certame europeo, celebrado en Róterdam. Os italianos levan acariñando o triunfo desde que volveron ao festival en 2011 e unha década despois conseguírono. Ademais, é a primeira vez que gaña un membro do Big Five desde Alemaña en 2010, co “Satelite” de Lena. Pola súa banda, Blas Cantó emocionou a toda Europa con “Voy a quedarme”, a canción que lle adicou á súa avoa falecida a causa do coronavirus. A pesar diso, o representante español quedou no posto 24. O murciano obtivo 6 puntos do público e 0 por parte do xurado profesional. Por detrás de España quedaron Alemaña e Reino Unido.