Italia leva a Eurocopa do mesmo xeito que eliminou a España, nos penaltis


Italia é a nova campioa da Eurocopa 2020 despois de gañar 3-2 a Inglaterra na quenda de penaltis. A selección italiana coróase así como campioa de Europa por segunda vez na súa historia grazas, entre outros, ao seu gardameta Donnarumma que detivo dous lanzamentos na quenda de penaltis. Os de Mancini acaban cunha seca de 33 anos sen gañar este trofeo e deixan aos ingleses co mel nos beizos xa que, aínda que se adiantaron co gol de Shaw, non puideron gañar a primeira Eurocopa da súa historia. Os 120 minutos de xogo non foron suficientes e os ingleses, pese poñerse por diante antes dos dous minutos, terminaron pagando a súa racanería durante o partido desde os 11 metros.