40
Mario Draghi presentou este xoves a súa dimisión despois de perder a maioría parlamentaria que lle sustentaba, segundo anunciou el mesmo ao comezo dunha comparecencia na Cámara de Deputados, onde foi acollido con aplausos. O presidente da República de Italia, Sergio Mattarella, aceptou a dimisión do primeiro ministro. Polo momento, Mario Draghi manterá as súas funcións para os asuntos máis básicos de administración ordinaria. Mattarella «tomou acto» da dimisión que lle reiterou Draghi «tras informarlle sobre o debate e a votación deste mércores no Senado», lese nun comunicado da Xefatura do Estado.