16
O ministro italiano de deportes suspendeu todas as actividades deportivas previstas nas rexións norteñas de Véneto e Lombardía por mor do coronavirus. Hai xa 80 contaxiados e 2 mortos, 33 persoas están hospitalizadas con síntomas, delas 18 están en coidados intensivos.
O Executivo italiano aprobou unha serie de medidas extraordinarias para tentar conter a difusión dos casos. Entre outras, o illamento de 11 localidades, que suman máis de 60 mil habitantes e que son o epicentro do andazo en Italia. Nas vilas illadas pecháronse os colexios e os comercios, suspendéronse os eventos públicos e os trens non paran.