Italia volve ao confinamento duro


Italia afronta desde esta semana un novo e duro confinamento. A maior parte das rexións entran en zona vermella, o que de feito implica un novo confinamento. Pechan escolas, bares e restaurantes e só se poderán realizar actividades esenciais, relacionadas co traballo e coa saúde. A curva de contaxios en Italia medra e na maior parte das rexións os novos casos son mais de 250 por cada 100.000 habitantes. O Goberno italiano adiantou xa que durante a Semana Santa, todo o país quedará baixo a zona vermella.