IV Foliada dos Cativos e 26 Encontros Culturais da Asociación Arume de Verdillo

1 minutes read

A Asociación Cultural e Xuvenil Arume de Verdillo celebra este sábado 13 de maio a IV Foliada dos Cativos e 26 Encontros Culturais ás 18.30h no local social de Verdillo. Nesta edición, contan con quince grupos de rapaces e rapazas pertencentes a oito asociacións, como son son, Nemeth de Carballo, A C Raigañas de Cerqueda, A C Malante de Malpica, A C San Campio de Cances, Escola do Alprende de Oza, Pena Maior de Marrozos e A Meda do Castro de Sada, ademáis dos grupos de pandeireta e gaita da A C Arume de Verdillo. En total son 96 rapaces os que pasarán polo escenario. Neste acto colaboran o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña.