Iván Ares vence o Rally do Cocido

1 minutes read

Iván Ares lidera a proba do CERA Terras Mundi tras o abandono de Pepe López e Borja Rozada por unha saída de pista cando negociaban o tramo de Saborida. Ares e o seu copiloto David Vázquez asaltan o primeiro posto e márcharonse ao descanso do mediodía con medio minuto de vantaxe sobre o cántabro Surhayén Pernía, ao volante do outro Hyundai. Ademais, Javier Pardo aprovéitase do sucedido para levantarse á terceira posición provisional cun dos Suzuki Swift N5 oficiais, xusto por diante do seu compañeiro de equipo Joan Vinyes. No apartado de Copas, o segundo bucle deste sábado non deixou novidades debido a que Dani Castro segue encabezando o trofeo Promoción impulsado pola Escuadra Lalín-Deza, mentres que Óscar Sarabia continúa con man de ferro á fronte da Copa Suzuki.