Iván Ares vence o Rally Villa de Adeje e colócase líder do campionato

Iván Ares venceu o Rally Villa de Adeje e colócase líder do campionato de España de Rallys de Asfalto. O piloto cambrés liderou a proba de principio a fin, aínda que ‘Cohete’ Suárez sempre o seguíu moi de preto.

Ao inicio da xornada do sábado, ‘Cohete’ tentou sacarlle a Ares o liderado da proba, marcando o primeiro ‘scratch’. Ares e Vázquez non sucumbiron á presión do piloto asturiano e foron rascando décimas pouco a pouco ata deixar a diferenza en seis segundos e oito décimas.

O piloto cambrés subiu ao caixón máis alto do podio e colocouse como líder do campionato.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha