Iván Puentes, cabeza de candidatura polo PSdeG en Pontevedra


Este venres quedou suspendido o proceso de primarias en Pontevedra ante a retirada dun dos dous candidatos, Tino Fernández, que optaba á cabeza de candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2023. Deste xeito queda proclamado Iván Puentes Rivera, á espera da ratificación no Comité Federal do partido, quen lle agradeceu a Tino Fernández a súa xenerosidade con esta renuncia.