Jacobo Garrido, campión do mundo dos 400 Libres de natación visitou Ponteceso

0 minutes read

Jacobo Garrido, do Club de Natación Liceo. De ser bronce no europeo, a conseguir colgarse o ouro no Mundial de natación adaptada celebrado en Londres, estivo dando unha charla este venres no colexio de Ponteceso. Na súa visita estivo acompañado da concelleira de Educación, Maite Chouciño. A Jacobo chovéronlle os eloxios de compañeiros, amigos e usuarios en redes sociais. A un ano de que se disputen os Xogos Paralímpicos de Tokio, parece que o coruñés será un dos favoritos para levar o ouro.