O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non dimite. Perdeu os apoios do PP e dos seus concelleiros de Democracia Ourensana, só un defende a súa xestión.
Malia todo, asegurou que seguirá traballando para transformar Ourense con proxectos individuais e pactos puntuais.
Asegura Jácome que non ten nada que ocultar en relación ao financiamento do seu partido e amosouse doído por ser, dixo, vítima dunha das traizóns máis épicas da historia da política.