Javier Guerra, candidato a presidir o PP de Vigo


Hai dous aspirantes para presidir o Partido Popular de Vigo. Hai unha semana era Marta Fernández Tapias a que daba o paso e este sábado oficializaba a súa candidatura Javier Guerra.

Fíxoo nun acto na Laxe, no que o senador e exconselleiro estivo arroupado por ducias de militantes e algunhas caras coñecidas do Partido Popular na cidade olívica.

Ofrece a súa experiencia como aval e presenta como lema fundamental da súa campaña a unión de cara ao congreso que se celebrará dentro de tres semanas.