Javier Milei tomou posesión da presidencia arxentina

1 minutes read

O economista Javier Milei tomou posesión este domingo como novo presidente da Arxentina de mans do saínte Alberto Fernández, no que marcará o inicio dun goberno de ultradereita sen precedentes na democracia do país. Milei ten mandato ata decembro de 2027 e aplicará un programa de “axuste” do que “non hai alternativa”, segundo as súas palabras dirixidas aos seus partidarios congregados nos arredores do Congreso. O excomentarista de televisión e populista de dereitas, alcumado «o tolo» polos seus seguidores, foi elixido presidente da Arxentina o mes pasado tras obter máis de 14 millóns de votos, o 55,6% dos que concorreron ás urnas na segunda volta contra o peronista Sergio Massa. O novo presidente ultradereitista de Arxentina falou dun escenario económico catastrófico, ao bordo da hiperinflación, e prometeu sacar ao país da súa crise económica. «Desde todas as esquinas a situación de Arxentina é de emerxencia», recalcou. «Imos tomar as medidas necesarias para arranxar 100 anos de despilfarros da clase política», unha misión que dixo non será fácil, pero que, asegurou, logrará a prosperidade da Arxentina grazas á resiliencia da súa xente.