Javier Nart deixa Ciudadanos pero mantén a acta

O eurodeputado de Ciudadanos Javier Nart, un dos dirixentes do sector crítico, comunicoulle este xoves á dirección que deixa de ser militante do partido, tras deixar en xuño, o seu posto na executiva. Nart, partidario de abrir un diálogo co PSOE, deixa Ciudadanos por coherencia política, dixo, pero mantén a súa acta como deputado no parlamento europeo. A renuncia de Nart súmase á de Garciano, Toni Roldán ou un dos fundadores, Francecs Carreras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha