Javi Souto e Samu Lodeiro, tándem para o Calvo Basket Xiria


  • Os carballeses Javi Souto e Samu Lodeiro, compaxinarán o equipo de terceira e o EBA, buscando asentarse na categoría senior.

SAMUEL LODEIRO VARELA ( CARBALLO-2002)

Samu Lodeiro é un xogador que afronta a súa primeira tempada como xogador senior, despois de estar toda a súa carreira nas categorías inferiores de Basket Xiria. Xogador que se desenvolve na posición de escolta, destaca polo seu tiro exterior e pola sua rapidez, o que fixo de Samu un xogador moi completo e difícil de defender, sendo sempre unha referencia ofensiva nos seus equipos. Este ano, deberá afrontar un difícil reto ao dar o paso a categoría senior, a pesar de que o ano pasado xa foi convocado polo equipo filial de terceira, logrando destacar en moitos encontros. A súa ilusión e traballo, farán que os pasos para amoldarse a categoría superior, acórtense; Samu contará con ficha no equipo de terceira división e simultanerará dous equipos.

JAVIER SOUTO PALLAS ( CARBALLO-2000)
Xogador que pasou por todas as categorías inferiores de Xiria e integrante da vitoriosa xeración do 2000, Javi Souto volverá estar dacabalo do equipo de terceira e o persoal de liga EBA; con traballo e ilusión para seguir aumentando o seu nivel como fixo o ano pasado, seguro que a súa presenza en pista será cada vez maior. Xogador de gran intensidade e traballo físico, a súa mellora constante no tiro exterior fan del un xogador con futuro por diante que mellorou na toma de decisións e coñecemento do xogo, por mor de enlazar adestramentos cada vez de máis nivel. Con 20 anos, 1,80 de estatura, e dúas presenzas en campionatos de España co seu equipo en categorías inferiores, demostrou que non se engurra nunca e que sempre está disposto a enfrontarse a retos e desafíos maiores.