Despois do voo espacial do fundador de Virgin Richard Branson tócalle a quenda ao dono de Amazon Jeff Bezos, que realizou un voo ao espazo na súa propia nave, New Shepherd, fretada pola súa propia compañía. O voo suborbital durou uns dez minutos e desenvolveuse sen contratempos. Xunto a Jeff Bezos viaxaron o seu irmán Mark e a pioneira da aviación, rexeitada pola NASA, Wally Funk, de 82 anos, e o primeiro turista espacial en contratar un voo con Blue Origin, un holandés de 18 anos, Oliver Damen, que pasan á historia como os astronautas máis novo e de máis idade, respectivamente. Nun momento do voo apagáronse as luces do cinto de seguridade e os tripulantes puideron flotar sen gravidade durante uns catro minutos, antes de volver ás medidas de seguridade para a volta á atmosfera terrestre.
42