A xogadora da selección española, Jenni Hermoso, negou este venres que o bico que lle deu José Luis Rubiales na cerimonia de entrega de premios do Mundial de Australia e Nova Zelandia fose consentido.
“Sentínme vulnerable, vítima dunha agresión nun acto impulsivo, machista, fóra de lugar e sen ningún tipo de consentimento pola miña banda. Sinxelamente non fun respectada”, afirmou nun comunicado a futbolista en referencia ás palabras do presidente da RFEF nas que afirmaba que a xogadora lle había dado o seu permiso para darlle “un piquito”.
A madrileña tamén asegurou que tanto ela como a súa contorna recibiu presións para realizar unha declaración conxunta “para rebaixar a presión sobre o presidente”. “Teño que manifestar que estiven baixo unha continua presión para saír ao paso con algunha declaración que puidesen xustificar o acto do Sr- Luís Rubiales. Non só eso, senón que, de diferentes maneiras e a través de diferentes persoas, a RFEF presionou á miña contorna (familia, amigos, compañeiras) para que se dese un testemuño que pouco ou nada tiña que ver coas miñas sensacións”, engadiu.
Ademais, a futbolista asinou outro comunicado onda 80 futbolistas, entre elas todas as campioas do mundo no que mostraron o seu rexeitamento ás palabras de Rubiales e ás súas accións.