A carballesa Jessica Posse, gran capitana do Goldie Xiria, continuará un ano máis a mandar o equipo carballés no ataque en primeira liña e na defensa central. Xogadora de base do Balonmán Xiria dende os 11 anos, con 3 tempadas na Coruña e Camariñas polo medio, e boa experiencia como adestradora de base en diferentes clubs e nas seleccións inferiores da galega, Jessica é un pilar fundamental do equipo. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, compaxinará o balonmán coa xestión administrativa e de actividades das Escolas Balonmán Xiria.
Elena Segade
A xalleira Elena Segade renova o seu compromiso un ano máis co Goldie Xiria, polo que seguiremos a disfrutar unha tempada máis das súas carreiras polo extremo e nos contragolpes. Xogando polo extremo esquerdo, na defensa e no ataque e incluso no avanzado, Elena leva 7 anos no balonmán a cabalo entre o Xallas e Xiria. Estudante de Enxeñería Informática en Santiago, é unha das máximas goleadoras do equipo Goldie Xiria.

Tamara Pombo
A carballesa Tamara Pombo, todo un referente na defensa e tamén no ataque, segue un ano máis coas guerreiras verdes, dando seguridade na retagarda do Goldie e tamén aportando na faceta goleadora. Dende os 9 anos vinculada ao club, esta carballesa leva toda unha vida de verde, agás unha tempada en Camariñas. Técnica en farmacia e parafarmacia e tamén en estética e imaxe persoal, compaxinará o seu traballo coa práctica do balonmán.

Elba Pérez
Elba Pérez Carretero, de 18 anos, ficha polo Goldie Xiria para reforzar a zona esquerda do equipo ben como lateral ou ben como extremo. Xogadora dende os 12 anos do Balonmán Culleredo, estudante dun Ciclo Superior coa vista posta en Enfermería, é unha aposta de futuro para un Goldie Xiria que busca asentarse no balonmán galego.
