Jesús Picallo mostra a súa satisfacción polas melloras en 1,2 M€ no hospital de Cee

2 minutes read

O candidato do PP, Jesús Picallo, mostrou este xoves a súa satisfacción pola inversión de 1,2 millóns de euros que fará a Xunta no hospital Virxe da Xunqueira, segundo o aprobado este xoves no Consello. “Esta é unha noticia moi importante para Cee e para a súa comarca, xa que se van cubrir unhas necesidades que desde o PP de Cee tamén lle trasladáramos á Xunta e que agora se farán realidade”, afirma o candidato á Alcaldía de Cee, Jesús Picallo.
O proxecto de reforma e ampliación da área de urxencia do hospital contará cun orzamento de licitación de 1,2 millóns de euros. A modificación do control de Enfermaría, a definición dun circuíto permanente para pacientes respiratorios, a construción de 5 novos boxes para pacientes illados ou a mellora das zonas de descanso dos profesionais sanitarios son algunhas das actuacións previstas.
Con esta intervención, desde o Partido Popular lograrase optimizar a atención hospitalaria nunha área cuxa poboación de referencia supera as 36.000 persoas. “O goberno autonómico de Alfonso Rueda fai política con feitos, actúa. Grazas á Administración galega en Cee contaremos con mellores servizos sanitarios pero tamén mellor calidade de vida en xeral, posto que non teremos que desprazarnos ata as grandes cidades para realizar algunha determinada proba”, sinala Picallo. “O PP pensa no rural, pensa en todos, e nós estamos e estaremos ao carón dos ceenses para atender sempre as súas demandas”, subliña o candidato popular.
O líder do PP de Cee tamén se mostrou satisfeito polo anuncio de 60 contratos estables, por tres anos, para persoal residente en formación.

“Dese total de contratos 9 están destinados á área sanitaria de A Coruña-Cee, o que significa que contaremos con máis profesionais especializados nun momento escuro da sanidade pública como o é o actual contexto de déficit de profesionais”, sinalou Picallo.
“O PP actúa, cumpre cos seus obxectivos e vela polos intereses de todos os cidadáns, tanto os que viven nas cidades como no rural. Os socialistas non están ofrecendo solucións, só botan balóns fóra”, afirman o candidato á Alcaldía.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?