Joaquín Leguina expulsado do PSOE polo seu apoio a Isabel Díaz Ayuso


O expresidente da Comunidad de Madrid, Joaquín Leguina, foi expulsado como militante do PSOE, que lle abriu un expediente en 2021 polo seu apoio a Isabel Díaz Ayuso nas eleccións autonómicas madrileñas. O PSOE abriu un expediente de expulsión a Leguina e tamén a Nicolás Redondo Terreros o 6 de maio de 2021, despois das eleccións autónomicas á Comunidad de Madrid, por entender que ambos pediran o voto para a presidenta ‘popular’ da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, a quen acompañou nun acto da campaña das eleccións autonómicas do 4 de maio. A decisión foi adoptada na reunión da Executiva Federal dos socialistas posterior a estes comicios.