Joaquín Sabina cae do escenario en Madrid

Sabina.

Joaquín Sabina suspendeu o seu concerto con Joan Manuel Serrat en Madrid tras caer do escenario e sufrir un «forte golpe no ombreiro», Sabina precipitouse mentres presentaba a seguinte canción e andaba polo escenario falando «con total claridade». Caeu de fronte, onde «xa non había escenario».

Os sanitarios de Emerxencias recollérono e sacárono da contorna do escenario cunha padiola. Uns minutos máis tarde, a megafonía anunciou que estaban «a examinar o golpe» que recibira o cantante, pero que estaba consciente e falaba.

Tras preto de media hora, foi o propio Sabina xunto a Serrat quen, en cadeira de rodas, comunicou a suspensión do concerto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha