Advertencia do presidente estadounidense, Joe Biden, ao seu homólogo chinés, Xi Jinping, sobre un eventual «apoio material» de China a Rusia na invasión de Ucraína. Ambos celebraron unha reunión virtual de case dúas horas, a primeira que manteñen desde novembro pasado.
Biden deixou claras as «implicacións e consecuencias» que tería para China, o feito de prestar axuda a Moscova nos seus «brutais ataques contra as cidades ucraínas e os civís», segundo o comunicado que fixo público a Casa Branca.
Pola súa banda, Xi dixo que «China e Estados Unidos, non só deben canalizar as súas relacións polo camiño correcto, senón tamén compartir as súas responsabilidades internacionais e traballar pola tranquilidade e a estabilidade mundial», segundo os medios oficiais chineses.